Friday 03 de May de 2024

O Concello de Lousame e Cáritas inician unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal


As persoas que desexen colaborar poderán entregar produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados na casa consistorial ata o próximo 18 de decembro
O Concello de Lousame e Cáritas poñen en marcha unha campaña de recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio. As persoas e entidades que estean interesadas en colaborar poden entregar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo venres 18 de decembro.
A campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.